Deus e a Verdade
1) Toda verdade remite a outra. Do contrario, o límite da verdade sería unha non-verdade, na que aqueloutra toparía o seu comezo e maila súa fin. O falso enxendraría ó certo, e o certo ó falso.
2) As verdades, pois, sexan as que sexan, condúcennos por medio dun encadenamento infinito, á Verdade suprema e inalcanzable, que é Deus
3) Afirmar unha soa verdade que sexa tal, e non só de nome, supón negar o límite que a cancelaría, afirmar a infinitude da progresión e, polo tanto, afirmar a Deus.
4) Polo tanto, aínda que esa suposta verdade fose "Deus non existe", ó ser predicada como verdade, dela se deriva que Deus, é dicir a Verdade, existe.
5) Pero, se Deus existe, a premisa maior é falsa, e se non existe tamén, pois non existe a Verdade nin tampouco as verdades. Polo tanto, dunha forma ou doutra, Deus existe.
Daniel.
Miscelánea Teológica (en español):
[
www.gratisweb.com]